La Cañiza, Pontevedra, España

ocovildosmouros@gmail.com

Sobre nós

Mirar Pra Onte é un arquivo fotográfico e documental xestionado pola asociación cultural O Covil dos Mouros. Un proxecto que se propón preservar un valor patrimonial e histórico incalculable: a nosa memoria colectiva.
Nos vellos álbums familiares, no baúl que gardamos no faiado, podemos atopar infinidade de tesouros; documentos valiosos que nos achegan a un pasado común, que trascenden o ámbito familiar porque falan da historia de todos. O noso obxectivo é dixitalizalos, catalogalos e compartilos grazas á colaboración dos veciños a fin de crear un arquivo dixital. Deste xeito estará a disposición de todos un fondo fotográfico e documental dos séculos XIX e XX que conservará as nosas lembranzas e reivindicará o valor da nosa historia. Máis información en https://ocovildosmouros.wordpress.com/arquivo/