Travesia da Mariña, 57. 27860 O Vicedo. Lugo. España

omix@concellodovicedo.org

+34 982 59 00 29

Sobre nós

Estamos nun momento clave para a conservación do noso patrimonio fotográfico, e polo tanto da nosa memoria. Ademais das limitacións propias do soporte papel, moitas das fotografías que a xente ten na súa casa non están conservadas nas mellores condicións.

Este proyecto,dentro do sistema www.phottic.com para a recuperación da "Memoria Fotográfica" da nosa sociedade, pretende axudar á conservación e á posta en valor do patrimonio fotográfico a través de 3 claves:

. Fomentando a dixitalización das fotografías antigas.
. Engadindo valor a esas imaxes mediante o uso de tecnoloxía degeolocalización.
. Creando unha comunidade intergeracional que aproveite conxuntamente o coñecemento das persoas maiores coas destrezas dixitais dos mozos.

A base deste proxecto é unha aplicación desenvolvida para xeoreferenciar fotografía antiga sobre Street View de Google, pero o verdadeiro valor do proxecto está no uso que se fará por parte da comunidade que comentará e valorará as imaxes.

Para isto estase a realizar un importante traballo offline, de difusión entre a poboación local, accións de alfabetización dixital da 3ª idade (que son os que teñen o coñecemento das fotografías), accións nos centros de secundaria con obxectivo de conseguir "Brigadas Dixitais" para que axuden ao colectivo anterior a trasladar o seu coñecemento a un ámbito dixital que eles coñecen.